Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Área de Normalización Lingüística organiza para o xoves 24 un obradoiro sobre disciplina positiva

Esta nova actividade do departamento de Carlos Penedo vai destinada a familias con nenos/as de 0 a 12 anos

Esta semana, as familias do Concello de Ponteceso volverán ter unha nova cita coa educación e a aprendizaxe temperá dos seus fillos e fillas. O departamento de Normalización Lingüística que coordina Carlos Penedo, celebrará o xoves 24 o obradoiro Descubrimento da disciplina positiva, dirixido a pais e nais de nenos/as con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos.

A actividade, que terá lugar ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal, será impartida por Raquel Bello, psicóloga e guía especializada en disciplina positiva do Espacio Oikos. Ademais, para un maior aproveitamento do curso, as familias participantes disporán dun servizo de atención para os/as cativos a cargo dun monitor de tempo libre.

Esta actividade permitirá ás familias participantes descubrir todos os recursos e ferramentas ao seu alcance para entender o comportamento dos seus fillos/as e reconducilo, se fose necesario, dunha maneira positiva, con afecto e respecto, e sen loitas de poder. Unha excelente oportunidade para aprender a educar con firmeza e cariño evitando gritos e castigos.

Concello de Ponteceso