Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso dará este venres 1 o ?pistoletazo? de saída da 17ª Volta Ciclista á Provincia da Coruña

Toma nota das rúas e espazos do casco urbano que permanecerán pechados para facilitar o desenvolvemento deste gran evento deportivo

O Concello de Ponteceso converterase este venres 1 no punto de partida da 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña, na que se darán cita máis dun centenar de ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas desta disciplina deportiva antes de chegar ao ámbito profesional. Nesta edición, que se desenvolverá tamén entre os concellos de Curtis e Cariño os días 2 e 3 respectivamente, participarán un total de 18 equipos procedentes de Asturias, Tenerife, Madrid, Estremadura, Cantabria, Castela-León, Galicia e Portugal.

O primeiro día, a proba arrincará do noso municipio cun percorrido de 150 quilómetros, que transcorrerá por A Campara, Pazos, A Bugalleira, Tella, Neaño, Cesullas, O Allo, Baio, Zas, o alto de San Roque, Santa Comba, Pino do Val, Paxareiras, O Pindo, O Ézaro (con subida ao mirador), Hospital, Dumbría, Vimianzo e regreso a Ponteceso.

Para asegurar o correcto desenvolvemento da proba e garantir a fluidez do tráfico rodado, dende a Concellería de Deportes, que dirixe Marco Varela, infórmase á cidadanía dos seguintes cortes e restricións que se producirán ao longo da primeira xornada da competición.

Zona A Trabe - Campo da Feira. Cortada durante todo o día. Dende primeira hora da mañá ata o remate da proba pola tarde non se poderá estacionar no recinto nin circular polas inmediacións.

Avenida Eduardo Pondal. Arredor das 14h, esta vía quedará pechada ao tráfico con motivo da saída da Volta Ciclista. A rúa permanecerá cortada ata que finalice o percorrido urbano, que se prevé teña unha duración de 15 minutos aproximadamente. A xornada rematará co regreso do pelotón a Ponteceso, previsto para as 17:30h, co conseguinte corte da rúa durante un período de 30 minutos aproximadamente.

Rúa Vereda - Camiño do Anllóns ? Campo da Feira. Con motivo da saída e chegada da 17ª Volta Ciclista á Provincia, prégase a todos os veciños/as e propietarios/as que non estacionen os seus vehículos neste ámbito durante a noite do xoves 31. A circulación quedará restablecida unha vez finalice a proba ciclista ao día seguinte.

Dende o Concello de Ponteceso porase en marcha un dispositivo especial de seguridade formado por membros da Policía Local, Garda Civil e Protección Civil para garantir o correcto funcionamento da carreira. Así mesmo, o Alcalde Lois Carballido solicita a colaboración veciñal para que a xornada transcorra sen incidentes nin molestias para os cidadáns.

O día 2, a etapa da Volta partirá de Curtis cun percorrido de 133 quilómetros mentres que o domingo 3 os ciclistas tomarán a saída no porto de Cariño para afrontar o último tramo da carreira, que será de 125 quilómetros.


Concello de Ponteceso