Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Abanca, Afigal e o Concello promoven un encontro informativo coa Asociación de Empresarios de Ponteceso

A xuntanza celebrarase maña xoves ás 21.00 horas, e as persoas interesadas poden confirmar asistencia no 648 225 452 ou por e-mail a dmanteiga@abanca.com

Abanca, Afigal e o Concello de Ponteceso colaboran para achegar ao empresariado local información de interese para o desenvolvemento dos seus negocios. Con esta intención está programado para mañá xoves un encontro coa Asociación de Empresarios no que se darán a coñecer as novidades tecnolóxicas en medios de pagamento así como as últimas condicións de financiamento que ofrecen ambas entidades, entre as que existe un acordo de colaboración para permite ás pymes a obtención de avais nunhas condicións económicas máis vantaxosas.

Desde o goberno municipal agardamos que esta xuntanza sirva para dar un paso máis no fortalecemento e consolidación do tecido empresarial do noso municipio, poñendo ao alcance das pequenas e medianas empresas todos os recursos de financiamento necesarios para o desenvolvemento dos seus proxectos nas mellores condicións e a conseguinte creación de riqueza e emprego.

A reunión celebrarase ás 21.00 horas na sede da Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de Tella. As persoas interesadas poden confirmar asistencia enviando un correo electrónico a dmanteiga@abanca.com ou a través do teléfono 648 225 452.

Concello de Ponteceso