Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O plan municipal de modernización da rede viaria medra con novos aglomerados en Langueirón e a mellora do acceso á praia de Niñóns

O Concello de Ponteceso vén de investir case 20.000 euros entre as dúas parroquias

O Concello de Ponteceso vén de investir un total de 20.000 euros nas parroquias de Langueirón e Niñóns co obxectivo de seguir acondicionando e modernizando a rede viaria.

A actuación coa contía económica máis importante consistiu no aglomerado asfáltico do lugar da Vitureira, na parroquia de Langueirón, cuxa rede viaria se atopaba moi deteriorada. Coa actuación realizada pola empresa Construcciones López Cao, cun investimento de 14.547,23 euros, solucionamos os problemas de comunicación e accesibilidade nun novo núcleo de poboación.

Construcciones López Cao executou tamén, cun orzamento de 5.469,20 euros, as obras de mellora dos accesos á igrexa e á praia de Niñóns. Os traballos consistiron na construción nun muro de contención que permite ampliar a vía e o espazo de aparcamento, así coma na limpeza mecánica das cunetas.

O Concello de Ponteceso continúa traballando, con fondos municipais, no plan de modernización da rede viaria, dentro do cal tamén ven de acometerse a mellora de camiños tradicionais nas parroquias de Cospindo, Brantuas, Corme Porto e Corme Aldea, cun investimento de 35.000 euros.

Concello de Ponteceso