Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O 1 de outubro arrincará a nova programación deportiva para adultos promovida pola Concellaría de Deportes

As inscricións poden realizarse desde hoxe no departamento de Deportes

Un ano máis, desde a Concellería de Deportes que dirixe Marco Varela poñemos en marcha o programa de actividades deportivas para adultos con novas e divertidas propostas encamiñadas a enriquecer a oferta de ocio dos nosos veciños e veciñas e fomentar a práctica do deporte como hábito de vida saudable.

Dentro da programación deste ano, que dará comezo o vindeiro día 1, atópanse actividades para todos os gustos e idades en horario de mañá e tarde para promover unha maior participación social e garantir o acceso a todas as persoas que o desexen. A nova oferta deportiva abrangue desde ximnasia de mantemento e ximnasia para maiores ata zumbe, atletismo e clases de aeróbic, step e tono. As sesións, dirixidas por monitores especializados, celebraranse no pavillón municipal de Ponteceso, no polideportivo de Corme e no Edificio das Escolas.

As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición desde hoxe mesmo no departamento de Deportes da Casa do Concello. As modalidades con límites de prazas cubriranse por rigorosa orde de anotación. Máis información no 981 714 000.

O calendario de actividades para este ano é o seguinte:

Ximnasia Maiores (+ 40 anos). 35,70 ? cuatrimestre
 En Ponteceso. De 9:30 a 10:30 horas. Edificio das Escolas
Grupo S: Luns, mércores e xoves / Grupo F: Martes, xoves e venres
 En Corme. Todos os luns, mércores e xoves, de 10:50 a 11:50 horas. Pavillón municipal.

Ximnasia de mantemento. 30,60 ? cuatrimestre
Luns e mércores, de 19:45 a 20:45 horas. Pavillon municipal de Ponteceso

Ponte a Correr. 30,60 ? cuatrimestre
Luns e mércores, de 21:30 a 23:00 horas. Pavillón municipal de Ponteceso

Aeróbic/Step/Tono (+ 15 anos). 25,50 ? curso. Límite de prazas
 En Ponteceso. Todos os luns, de 20:50 a 21:50 horas. Edificio das Escolas
 En Corme. Todos os mércores, de 09:45 a 10:45 horas. Pavillón municipal

Zumbe (+ 15 anos). 30,60 ? cuatrimestre. Límite de prazas
 En Ponteceso. Todos os martes e xoves, de 20:45 a 21:35 horas. Edificio das Escolas
 En Corme. Todos os martes e xoves, de 19:30 a 20:20 horas. Pavillón municipal

Concello de Ponteceso