Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso envía cartas informativas a 117 mamás e ofrécelles axuda para reclamar as retencións do IRPF

As afectadas poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais

Desde o Concello de Ponteceso queremos ofrecer apoio ás mulleres do noso concello afectadas pola sentencia do Tribunal Supremo que declara a exención de pagar o IRPF polas prestacións de maternidade, e por iso vimos de enviar unha carta a cada unha das 117 veciñas do noso concello que foron nais dende o ano 2014, o primeiro afectado pola exención.

?Querida mamá e veciña: Todas as que fostes mamás en 2014, 2016, 2016 e 2017 e contribuístes a Facenda parte das vosas retribucións por baixa de maternidade, agora tedes dereito a reclamar a devolución dos cartos?, comeza a carta asinada polo alcalde, Lois García Carballido, e a concelleira de Servizos Sociais, Isabel Vuelta.

A Axencia Tributaria vén de informar que publicará un formulario para axudar ás afectadas a realizar as xestións, e desde o Concello de Ponteceso ofrecemos a esas 117 mamás os medios ao noso alcance para facilitar os trámites. As interesadas poderán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais. ?Lembra _remata a nota_ que por esta vía só se poden reclamar os últimos catro exercicios, así que para as que fósedes mamás no 2014 o prazo de reclamación remata o 31 de decembro do 2018?.

Concello de Ponteceso