Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Do 17 ao 21 de decembro podes pedir praza para os Campamentos de Nadal que organizamos dende a Concellaría de Servizos Sociais

Se tes fillos/as de 4 a 12 anos e precisas conciliación familiar, laboral e persoal durante as vacacións escolares infórmate!

O Nadal é tempo de vacacións para centos de nenos e nenas do noso municipio. Por diante teñen días de ocio e diversión lonxe das aulas, o que supón todo un crebacabezas para os pais e nais que deben facer fronte a difícil tarefa de conciliar vida familiar, laboral e persoal. Para elo, o Concello de Ponteceso porá en marcha, un ano máis, a través da Concellería de Servizos Sociais, os Campamentos de Nadal coa dobre finalidade de axudar ás familias a compaxinar o traballo co coidado dos fillos/as e de ofrecer aos máis cativos/as unha ampla oferta lúdica baseada no xogo e a aprendizaxe a partes iguais.

Os campamentos, dirixidos a nenos/as de 4 a 12 anos de idade, desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro no Edificio das Escolas de Ponteceso e no pavillón municipal de Corme. No primeiro caso, o horario das actividades será de 10:00 a 13:00 horas, mentres que no segundo comprenderá de 10:30 a 13:30 horas.

As familias interesadas en participar neste programa, totalmente gratuíto, deberán inscribirse no departamento de Educación Familiar de Ponteceso (981 714 000 ext. 1052) e/ou na Oficina Municipal de Corme (981 738 428) en horario de 9 a 14 h. O prazo para anotarse permanecerá aberto do luns 17 ao venres 21, ambos incluídos. Dado que as prazas son limitadas, a adxudicación realizarase por rigorosa orde de inscrición.

Como xa vén sendo habitual, o programa de actividades estará repleto de interesantes propostas para todos os gustos e idades. Obradoiros de artes plásticas, teatro, contacontos, xogos pre-deportivos e un montón de sorpresas coas que poremos a proba o enxeño, creatividade e imaxinación dos máis cativos/as. Este Nadal non deixes aos teus fillos/as na casa. Anímate e participa! Ímolo pasar xenial!

Concello de Ponteceso