Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O martes 22 entrará en funcionamento, de xeito experimental, un novo servizo de autobús entre Carballo e Ponteceso por Pazos

Consulta aquí todos os horarios

As xestións realizadas polo goberno municipal para mellorar o transporte público de viaxeiros están a dar os seus froitos, e, deste xeito, a empresa Arriva porá en marcha este martes 22, de maneira experimental, un novo servizo de autobús entre Carballo e Ponteceso por Pazos. Na táboa anexa podes consultar os horarios.

Con este novo servizo, que agardamos que se consolide e se manteña no tempo, mellorarán as comunicacións dentro do noso concello e tamén con Carballo. O resto de rutas operativas, de luns a venres, con paradas establecidas en Ponteceso e Pazos, son os seguintes:
? Expedicións de ida: Laxe-Estación autobuses Carballo (saída de Ponteceso ás 08.16h e chegada a Pazos ás 08.24h) e Laxe-A Coruña, por Marineda City (saída de Ponteceso ás 13.37h e chegada a Pazos ás 13.45). Prezo: 1,45?
? Expedicións de volta: A Coruña-Muxía, por AG-55 (saída de Pazos ás 16.00h e chegada a Ponteceso ás 16.08h) e A Coruña-Corme Porto, por Marineda City (saída de Pazos ás 17.16h e chegada a Ponteceso ás 17.24h). Prezo: 1,45?

Concello de Ponteceso