Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Afaber impartirá a partir do 5 de febreiro un taller de memoria promovido pola Concellería de Servizos Sociais

As persoas interesadas en participar poderán anotarse na Casa do Concello do luns 28 de xaneiro ao venres 1 de febreiro

Co obxectivo de ofrecer á veciñanza unha oferta ampla e plural para o tempo de ocio e lecer e atender as diferentes necesidades e inquedanzas dos nosos veciños e veciñas, a Concellería de Servizos Sociais de Ponteceso porá en marcha o 5 de febreiro un taller de memoria, que será impartido pola asociación Alzheimer Bergantiños (AFABER).

As clases terán lugar todos os martes e venres, de 17:00 a 18:30 horas, no Edificio das Escolas. As sesións estarán formadas por un grupo reducido de alumnos/as coa finalidade de prestar unha atención máis personalizada e adaptada a cada participante. Así mesmo, seguirase unha metodoloxía dinámica e participativa, a través da realización de exercicios que fomenten a atención, a concentración e a estimulación.

As persoas interesadas en formar parte desta nova acción formativa poderán inscribirse no departamento de Servizos Sociais do luns 28 ao venres 1, de 09:00 a 14:00 horas. Para máis información tamén poderán chamar aos teléfonos 881 983 797 e 881 983 045.

Esta actividade vén a sumarse ás propostas postas en marcha pola concelleira de Servizos Sociais, Isabel Vuelta González, para o primeiro semestre do ano dentro do programa Actívate 2019-Ponte Activo. Neste sentido, a titular da área asegurou que ?con este tipo de iniciativas preténdese continuar promovendo alternativas de ocio que contribúan a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciños así como unha maior participación social?.

Concello de Ponteceso