Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Avanza por todas as parroquias o plan de aglomerados, que prevé un investimento de máis de un millón de euros

En Limiñoa están a punto de rematar as obras de saneamento e abastecemento, previas á pavimentación das vías do núcleo

Obras de saneamento en LimiñoaO plan de aglomerados impulsado pola Concellería de Infraestruturas, que dirixe José Manuel Pose Verdes, avanza polas distintas parroquias. Coa chegada do bo tempo agardamos comezar en breve o pintado e a sinalización das pistas que xa están rematadas:

? Pavimentación da vía do Quente ao límite con Coristanco
? Mellora da rúa da zona escolar de Ponteceso
? Pavimentación da pista da Rocha de Nemeño ao Castro da Campara
? Pavimentación de rúas no núcleo da Campara
? Pavimentación de vía en Pazos de Abaixo
? Pista dende Bugalleira a Rebordáns polas Salgueiras
? Pista da praza da Bugalleira a Langueirón
? Pista de Ameixenda a Riotorto
? Pavimentación de rúas no núcleo de Figueiroa
? Pistas en Anllóns e A Garga

En breve comezarán tamén os traballos de pavimentación no núcleo de Limiñoa, onde están a piques de rematar as obras de saneamento e abastecemento de auga.

Nova adxudicación
O Concello de Ponteceso vén de adxudicar a Construcciones López Cao unha nova obra de aglomerados en Tella, Cospindo, Brantuas, Niñóns, Tallo, Nemeño e Xornes por un importe de 117.491 euros. A actuación está cofinanciada pola Deputación da Coruña, que achega o 66% do orzamento, e o Concello de Ponteceso, que pon o 44% restante.

O principal investimento realizarase en Brantuas e Niñóns, onde se vai aglomerar dende a Igrexa de Brantuas á estrada provincial, e tamén o ramal que que pasa pola escola unitaria. En Niñóns repararase a pista que atravesa o núcleo e vai cara a praia. En Tella vaise aglomerar dende o Campo da Feira á Gándara. En Tallo hai unha importante mellora dende a marquesiña da parada do transporte escolar ata Casas Novas por Pardiñas. En Nemeño executarse a pista que vai ao Rueiro dende a estrada provincial, e en Xornes, unha perpendicular á estrada autonómica.

A obra inclúe tamén a extensión do saneamento ás casas situadas entre o cuartel da Garda Civil e o cruce que vai á Cedeira, no Couto.

Concello de Ponteceso