Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Concellería de Educación achega ao alumnado do IES Eduardo Pondal o discurshow ?Código Sapiens?, protagonizado polo polifacético Vicente Mohedano

A actividade levarase a cabo o xoves 28 no Edificio das Escolas coincidindo coa Semana Cultural do centro

Dentro da Semana Cultural do IES Eduardo Pondal, a Concellería de Educación, que dirixe Carlos Penedo Casmartiño, organizará o próximo xoves 28 un espectáculo no Edificio das Escolas, dirixido ao alumnado do centro educativo pontecesán. O polifacético actor Vicente Mohedano será o encargado de protagonizar unha conferencia teatralizada, a modo de discurshow, titulada ?Código Sapiens?, unha exploración da ciencia da linguaxe coa que se pretende afondar na orixe da palabra e no poder da comunicación como a capacidade máis exclusiva dos seres humanos e unha ferramenta esencial para a organización, o control e o desenvolvemento social.

Non sabemos nin cando nin como se desenvolveu a linguaxe. Mais temos ideas. Moitas! Neste ?discurshow? indagarase nalgunhas delas. Ideas que indican que a linguaxe puido aparecer para pensar en cousas que non están diante dos ollos, para imaxinar cousas que non existen. E todo co obxectivo de deixarmos de ser comedores de medula ósea e podermos acceder a unha dieta en condicións que todos os/as asistentes descubrirán a partir das 12:20 horas grazas a este divertido espectáculo que combina contidos, rigor e a experiencia dun ?showman? como Vicente Mohedano. Preparados/as?

Concello de Ponteceso