Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso facilitará a conciliación familiar durante a Semana Santa con campamentos do 15 ao 17 de abril

As familias con nenos/as de 4 a 12 anos que estean interesadas en participar deberán inscribirse do luns 8 ao xoves 11 no departamento de Educación Familiar ou na Oficina Municipal de Corme

O Concellería de Servizos Sociais de Ponteceso, a través do seu departamento de Educación Familiar, vén de poñer en marcha un ano máis o programa Concilia en Pascua, un servizo de atención ás familias do municipio creado para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares.

Esta iniciativa, dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos, desenvolverase os días 15, 16 e 17 de abril. As familias interesadas poderán inscribirse do luns 8 ao xoves 11 (ambos incluídos) tanto no departamento de Educación Familiar do Concello de Ponteceso (881 983 223) como na Oficina Municipal de Corme (981 738 428). O horario de atención ao público é de 09.00 a 14.00. O número de prazas é limitado.

Para maior comodidade das familias, e como xa vén sendo habitual, o programa Concilia en Pascua levarase a cabo tanto no edificio das escolas de Ponteceso, de 10.00 a 13.00 h, coma no pavillón municipal de Corme, en horario de 10.30 a 13.30. Durante os tres días realizaranse actividades lúdicas e recreativas para fomentar o xogo, a creatividade e as relacións sociais entre os/as participantes.

Concello de Ponteceso