O espectáculo, organizado pola Concellaría de Servizos Sociais, dará comezo ás 21:00 horas e será de balde e aberto á participación de toda a veciñanza
O Edificio das Escolas Municipais de Ponteceso acollerá este venres 12 un novo espectáculo teatral, organizado pola Concellaría de Servizos Sociais, dentro do programa de actividades de ocio e tempo libre dirixido á veciñanza do noso municipio. A partir das 21:00 horas,
As avoas de Laxe Teatro subirán ao escenario dispostas a arrincar unha vez máis as risas do público cun divertidísimo espectáculo interxeracional e moi familiar titulado
?Facede o favor....pensade?, no que o humor compartirá protagonismo coa reflexión e a aprendizaxe.
Esta non será a primeira vez que a compañía, integrada por actrices afeccionadas, actúe no noso concello. A última vez que o fixeron foi para representar un dos seus grandes éxitos sobre a escena
?Inseguridades?, co que lograron un cheo absoluto nas Escolas Municipais e o aplauso e recoñecemento de todos os/as asistentes.
Desde o departamento que dirixe Isabel Vuelta González animamos a toda a cidadanía a asistir ao estreo da súa próxima función, que será de balde e aberta ao público ata completar o aforo dispoñible na sala. Se queres pasar unha noite de risas en boa compañía, máis vale que tomes boa nota para non perdela. Agardámoste!