Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Concellaría de Educación conmemorará o Dío do Libro o mércores 24 con contacontos infantís nos colexios Eduardo Pondal e As Forcadas

Ás 10:00 horas Caxoto visitará ao alumnado de Ponteceso e ás 12:45 horas será recibido polos nenos e nenas de Corme

Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro, que se celebra o 23 de abril, a Concellaría de Educación, que dirixe Carlos Penedo Casmartiño, pretende achegar a literatura aos máis pequenos/as da casa coa posta en escena de dous espectáculos infantís protagonizados por Caxoto (Felipe Díaz) baixo o título ?Contos vellos novos finais?. Será o mércores 24 da man da compañía A Trastenda dos contos.

Ás 10:00 horas o CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso encherase de contos, cantigas, xogos e humor para abordar de forma transversal contidos relativos á igualdade e ao sexismo co obxectivo de rachar estereotipos de xénero e promover unha educación en valores desde a escola. Ás 12:45 será a quenda do alumnado do colexio de infantil e primaria As Forcadas de Corme. Máis que vale que non falte ninguén a clase! Vai ser súper divertido!!

Concello de Ponteceso