Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Pontechef pechará este xoves 6 o curso na Escola Municipal de Cociña

O concurso gastronómico, que acada xa a súa quinta edición, celebrarase no Campo da Feira

Tras a despedida protagonizada hai uns días polo alumnado de música, esta semana será a quenda dos máis pequenos/as. As escolas municipais de teatro e cociña de Ponteceso botarán o peche ata despois do verán cuns actos de clausura aos que está convidada toda a veciñanza.

Os primeiros en despedirse serán os nenos e nenas dos obradoiros de cociña de Corme e Ponteceso. E farano como mellor saben... cociñando! O xoves 6, ás 17:30 horas, o Campo da Feira converterase nunha gran cociña ao aire libre para acoller a celebración do V Pontechef, un concurso gastronómico no que creatividade, orixinalidade e deseño serán os principais ingredientes.

Cociña internacional, pratos tradicionais, petiscos divertidos e unha deliciosas sobremesas para chupar os dedos formarán parte do menú que confeccionarán as nosas futuras promesas dos fogóns para despedir por todo o alto o presente curso.

Concello de Ponteceso