Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Unha representación dos nenos e nenas e un espectáculo da compañía Elefante Elegante pechan a Escola Municipal de Teatro

A clausura está prevista para o venres 7 no Edificio das Escolas

Estamos en tempo de clausuras, e outros/as artistas que tamén dirán adeus a esta edición serán os e as integrantes da escola municipal de teatro, que o venres 7 clausurarán as súas actividades no Edificio das Escolas cun acto, aberto a toda a cidadanía, que dará comezo ás 18:30 horas.

Coa representación da obra ?Cando as nenas e os nenos voan alto? porán o broche de ouro a un curso repleto de emocións, aprendizaxe e moita diversión. Pero, nesta ocasión, os nosos actores e actrices non estarán sos sobre o escenario. A compañía Elefante Elegante ofrecerá un divertido espectáculo teatral visual titulado ?Patapatúm?, no que a música dixieland, as máscaras e a fisicalidade dos personaxes proporcionan un universo cómico que viaxa do realismo á hipérbole da nosa vida diaria.

Máis vale que non faltedes! Ímolo pasar xenial!

Concello de Ponteceso