Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As andainas ?Coñece a Costa da Morte? pecharán a temporada cun percorrido de 11 quilómetros desde o Monte do Faro de Brantuas ata o porto de Corme

As persoas que desexen participar deberán inscribirse no Concello de Ponteceso ou na Oficina de Corme antes do xoves 6 ás 13:00 horas

O calendario de andainas Coñece a Costa da Morte 2019 pechará a súa sétima edición o vindeiro sábado 8 cun percorrido polo noso concello que terá como punto de partida o Monte do Faro de Brantuas. A partir das 09:45 horas, os/as amantes da natureza e o sendeirismo terán a oportunidade de gozar dunha xornada ao aire libre percorrendo algúns dos enclaves turísticos máis fermosos do municipio que nos deixará a nova ruta, de 11 quilómetros de distancia e dificultade media.

A primeira parada do día será para visitar a Ermida de Nosa Señora do Faro, situada a 229 metros sobre o nivel do mar. Desde alí, os e as participantes iniciarán un descenso polos sendeiros de costume para contemplar unha das paisaxes de maior riqueza natural e paisaxística: a Ría de Come e Laxe. O segundo destino será o merendeiro da praia da Ermida, onde os/as excursionistas poderán repoñer folgos para comezar con enerxía a segunda etapa da xornada, que os/as levará ata o porto de Corme, onde está prevista a chegada ás 13:30 horas.

As persoas que desexen participar nesta andaina, a novena desta temporada, deberán inscribirse previamente para reservar praza e proceder á tramitación do correspondente seguro para a realización da actividade. Os interesados/a poderán anotarse no Concello de Ponteceso (981 714 000) ou na Oficina Municipal de Corme (981 738 428), a través do departamento de Turismo, ou enviando un correo electrónico a turismoponteceso@ponteceso.net.

Así mesmo, os/as participantes deberán facilitar o seu nome e apelidos, número de DNI, enderezo e data de nacemento para cubrir a ficha do seguro. Os nenos/as con idades comprendidas entre os 7 e os 16 anos deberán ir acompañados dun adulto e dispoñer da pertinente autorización legal.

O teléfono de información da organización durante a andaina será o 608 827 789. Anímate e participa!

Concello de Ponteceso