Hai novas que dá gusto contar, e unha delas é a da celebración do centenario de Mª Encarnación González Carabel, veciña da parroquia de Pazos.
Nun día tan sinalado, o alcalde, Xosé Lois García Carballido; a concelleira de Servizos Sociais, Noelia María Varela Suárez, e a de Educación, María Teresa Chouciño Calvete, que tamén é de Pazos, quixeron visitala, e agasallárona cun bonito portafotos no que a bo seguro que ten moitos recordos que colocar. Moitos parabéns!