Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Certame Internacional de pintura ao aire libre Álvarez de Sotomayor inclúe un completo programa de actividades paralelas

Xa son 61 os/as artistas anotados/as e continúa aberto o prazo de preinscrición

Ponteceso converterase o sábado 17 nun gran centro artístico ao aire libre, porque celebramos a quinta edición do Certame Internacional de Pintura Fernando Álvarez de Sotomayor e xa temos 61 pintores/as anotados/as, segundo informou a concelleira de Cultura, Ana Pérez Imia. O prazo de preinscrición continúa aberto no correo electrónico pinturasotomayorponteceso@ gmail.com, aínda que as inscricións definitivas realizaranse o propio día 17 no Centro Cultural Xosé Neira Vilas.

Este será tamén o punto de encontro dos/as participantes. As inscricións realizaranse de 09.00 a 11.00 horas, e a partir das 12.00 desenvolverase un completo programa de actividades paralelas. Comezaremos na Trabe e Ponteceso coa ?paleta de sabores? que nos ofrecerán os establecementos de hostalaría colaboradores de 13.00 a 14.30 horas, xunto coa animación musical ?Xa era hora?.

O Recheo acollerá as actividades da tarde.
? De 17.00 a 19.00 horas ?De colores?. Pintura infantil.
? Ás 19.00. Danza tradicional con Inllar.
? Ás 20.00. Entrega de premios.
? De 20.00 a 22.00 horas, animación nos bares con Os Farrapos, Parrillas e sabores e exposición e venda de cadros non premiados.
? Ás 22 horas. Solpor musical en A Eira e O Cruce.

O Certame Internacional de Pintura Fernando Álvarez de Sotomayor celebra a súa quinta edición cun tope de 100 participantes e importantes premios: o primeiro, dotado con 3.000 euros; o segundo, 1.500; o terceiro; 1.000; o cuarto, 600; o quinto, 500, e do sexto ao duodécimo, 400 euros.

Concello de Ponteceso