Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Asinado o contrato das obras de reforma do campo de fútbol de O Pinguel, nas que investiremos máis de 400.000 euros

A empresa lucense Calfensa Proyectos será a encargada de instalar o novo céspede artificial

Ao campo de fútbol de O Pinguel xa lle queda menos para lucir o novo céspede artificial. Esta semana, o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, asinou o contrato de execución das obras coa empresa lucense Calfensa Proyectos, adxudicataria do proxecto por 424.710 ?.

Os traballos, que darán comezo en breve, consistirán na reforma íntegra do campo municipal e terán un período de execución de 31 días naturais.

Mentres tanto, o principal usuario desta instalación deportiva, o club Ponteceso SD, trasladará a actividade deportiva dos seis equipos das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior aos campos doutros clubs próximos ao noso concello, cos que xa iniciou conversacións para garantir o correcto desenvolvemento, tanto dos adestramentos como dos partidos. Entre os novos destinos, a directiva está a barallar o campo de As Redondas, do Cabana SD, para as categorías inferiores e o Platas Reinoso do CB Baio, para os equipos da categoría sénior, dada a súa dispoñibilidade horaria e proximidade.

Desde o goberno municipal queremos pedir desculpas de antemán polas molestias ocasionadas pola realización desta obra ?tan necesaria e agardada por todos/as?, tal como subliñou o alcalde.

Concello de Ponteceso