Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Área de Medio Ambiente pon en marcha este luns unha nova recollida porta a porta de aceites usados de cociña

Prégase aos veciños/as que participan no programa que deixen os envases en lugares visibles e accesibles

Tras o parón estival, a Área de Medio Ambiente do Concello de Ponteceso volverá poñer en marcha o servizo de recollida porta a porta de aceites de cociña usados en todo o municipio. A empresa Collecting Oil, encargada da retirada dos envases, iniciará este luns día 9 un exhaustivo percorrido polo noso concello para proceder á recoller os máis de 2.000 botes de almacenaxe distribuídos entre a veciñanza, unha cifra que pon de manifesto a excelente acollida desta iniciativa entre a cidadanía, preocupada e comprometida co medio ambiente.

A partir de mañá, polo tanto, persoal da empresa, debidamente uniformado e en vehículos rotulados, pasará polas vivendas para retirar as botellas cheas e volver deixalas baleiras. En caso de non atoparse no domicilio o día da retirada, prégase aos propietarios/as que depositen os seus recipientes na porta e en lugares be visibles e accesibles para que os operarios poidan realizar o seu traballo sen dificultade.

As persoas interesadas en obter máis información ou formar parte da campaña poden chamar ao teléfono 639 920 936.

Este son os itinerarios que está previsto realizar durante o mes de setembro. Toma nota e permanece atento/as porque as rutas son orientativas e, polo tanto, susceptibles de posibles cambios. Máis información nas nosas redes sociais!

Luns 9: Comezarase na estrada de Corme (xunto á ponte) pasando por: Cedeira, Carracido, Couto, Cospindo, A Brixería, Curras, A Matigueira, Balarés, Guxín, Xomonte e parte de Corme Aldea.

Martes 10: Corme Aldea, Froxan, O Picoto, Corme Porto (rúa Vila de García, camiño Paseo Marítmo, estrada Ponteceso e rúa Rio de Arriba.

Mércores 11: Corme Porto (estrada Roncudo, R/Arnela, Barrio Campo, R/Real, R// Nova e Travesía Nova.

Xoves 12: Corme Porto (R/Nova, R/ Paxariñas, Barrio Regadiños, R/Agra Rodríguez, Barrio Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas, R/Condes, R/Carral e Paseo Marítimo.

Venres 13: Corme Porto (R/Coroto, R/Xeneral Mourelle, R/Sol, Paseo Marítimo, Avda. Mariña, Barrio Remedios, R/Hortas, R/Crego, R/Fontiñas, R/ Real, Praza do Pan e Barrio Fontiñas.

Luns 16: Carballido, As Gurichas, Lestimoño, R/Crucero, R/Concello, R/Cuartel e R/ Aduana.

Martes 17: Praza Relleno, R/Paseo Fluvial, Polígono paseo fluvial, Avda. Eduardo Pondal e Avda. Anllons.

Mércores 18: Avda. Anllóns, Barrio Juncal, R/Teresa Mosqueira Manso, R/Eduardo Blanco Amor, Praza Campo da Feira, R/Veda e Barrio Trabe.

Xoves 19: Avda. Bergantiños, Rueiro, Aldea Tella e Tella.

Venres 20: Aldea Tella, Anllóns, A Garga e R/ Cuñarros.

Luns 23: A Gándara, Seixos, Petón, Polígono Tella, Tallo, Vilasuso e O Rieiro.

Martes 24: Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueirón, A Vitureira e Ardabón.

Mércores 25: A Ponte Dona, Xornes e Pazos.

Xoves 26: Pazos, Riotorto, Limiñoa, O Barreiros, Cores, Viladesuso, Figueiroa e A Costa.

Venres 27: A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores e O Castro.

Luns 30: O Rueiro, Os Anxeles, Brantuas de Arriba, Casas de Espereira e Brantuas de Abaixo.

Concello de Ponteceso