Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso ofrece un servizo de atención ás familias para informar sobre os bonos sociais de luz, gas e telefonía

O departamento de Educación Familiar será o encargado de asesorar e tramitar as correspondentes axudas, que variarán en función da unidade familiar e da renda anual

A Concellería de Servizos Sociais de Ponteceso, a través do departamento de Educación Familiar, pon a disposición da veciñanza un servizo de información e atención ás familias con menos recursos do noso municipio para prestar o debido asesoramento e colaboración de cara á tramitación dos correspondentes bonos sociais de luz, gas e telefonía fixa aos que poidan ter dereito en función das características de cada unidade familiar e do seu nivel de renda anual.

Aos bonos sociais tamén poden optar as familias monoparentais e aquelas que teñan entre os seus membros a unha persoa dependente de grao 2 ou 3.

Deste xeito, desde o goberno municipal preténdese dar a coñecer á cidadanía as diferentes axudas dispoñibles así como as suculentas vantaxes económicas das que se poderán beneficiar en cada factura. Estes son os bonos sociais e os seus destinatarios/as:

Bono Eléctrico. Depende do tipo de familia e do seu nivel de renda anual. Cada unidade familiar poderá ser considerada como consumidor vulnerable, consumidor vulnerable severo o consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social. As unidades familiares poderán estar compostas por unha única persoa, parellas sen fillos, persoas con menores a cargo, con discapacidade igual ou superior ao 33%, vítimas de terrorismo e vítimas de violencia de xénero. As familias numerosas de rango xeral e especial teñen garantida a axuda con independencia da súa situación económica así como os pensionistas por xubilación ou incapacidade permanente que perciban a prestación mínima.

Bono Térmico. É unha axuda ao gas destinada a fogares vulnerables e/ou e risco de exclusión, que se outorga a todos os usuarios/as que xa teñen o Bono Social Eléctrico. A contía mínima é de 25 ? pero, dependendo do grao de vulnerabilidade da persoa e da situación xeográfica da vivenda, pode chegar a superar os 120 ?.

Bono Telefónico. É unha bonificación dirixida a xubilados e pensionistas na liña telefónica fixa individual que permite a redución do 70% da cota de alta da liña fixa e do 95% do pago mensual da mesma. Neste caso, a renda familiar no poderá superar os 9.023,50 ? (120% del IPREM).

As persoas interesadas en obter máis información e/ou axuda na tramitación dos bonos, poderán achegarse, de luns a xoves en horario de 09.00 a 14.30, ata o departamento da Educadora Social en Ponteceso (881 983 223) e os venres, de 09.00 a 13.30 horas, á Oficina Municipal de Corme (981 738 428).

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso