Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Área de Medio Ambiente iniciará unha nova recollida a domicilio de aceites usados de cociña

Debido a problemas de acceso aos edificios, a partir de agora, todos os envases deberán ser depositados no exterior das vivendas, en lugares visibles e accesibles

Tras o parón de Nadal, a Área de Medio Ambiente do Concello de Ponteceso pon en marcha o servizo de reciclaxe e recollida a domicilio de aceite vexetal usado de cociña. A empresa Collecting Oil, encargada da retirada dos envases inicia un novo percorrido por todo o municipio para recoller os máis de 2.000 botes de almacenaxe distribuídos entre a veciñanza, unha cifra que, sen dúbida, pon de manifesto a preocupación e o compromiso da cidadanía coa nosa contorna.

Do 13 de xaneiro ao 3 de febreiro, persoal debidamente uniformado e en vehículos rotulados, procederá á retirada dos recipientes para baleirar. Por problemas de acceso aos edificios, os responsables da empresa solicitan aos veciños/as que, a partir de agora, depositen os botes no exterior das vivendas, en lugares visibles e accesibles, para que os operarios poidan realizar o seu traballo con normalidade e sen dificultades. Desde o Concello de Ponteceso e desde a concesionaria agradecemos de antemán a colaboración cidadá para garantir o correcto funcionamento do servizo.

As persoas interesadas en obter máis información ou formar parte da campaña poden chamar ao teléfono 639 920 936.

E se o que queres é saber os itinerarios que se van realizar cada día, toma nota do calendario previsto para todo o mes e permanece atento/a ás nosas redes sociais porque as rutas son orientativas e, polo tanto, susceptibles de posibles cambios.
? Luns 13: Comezarase na estrada de Corme (xunto á ponte) pasando por: Cedeira, Carracido, Couto, Cospindo, A Brixería, Curras, A Matigueira, Balarés, Guxín, Xomonte e parte de Corme Aldea.
? Martes 14: Corme Aldea, Froxan, O Picoto, Corme Porto (rúa Vila de García, camiño Paseo Marítimo, estrada Ponteceso, rúa Rio de Arriba).
? Mércores 15: Corme Porto (estrada Roncudo, R/Arnela, Barrio Campo, R/Real, R/ Nova, Travesía Nova).
? Xoves 16: Corme Porto (R/Nova, R/ Paxariñas, Barrio Regadiños, R/ Agra Rodríguez, Barrio Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas, R/Condes, R/Carral e Paseo Marítimo).
? Venres 17: Corme Porto (R/ Coroto, R/ Xeneral Mourelle, R/ Sol, Paseo Marítimo, Avda. Mariña, Barrio Remedios, R/Hortas, R/Crego, R/Fontiñas, R/ Real, Praza do Pan e Barrio Fontiñas).
? Luns 20: Carballido, As Gurichas, Lestimoño, R/ Crucero, R/Concello, R/ Cuartel e R/ Aduana.
? Martes 21: Praza Recheo, R/Paseo Fluvial, Polígono paseo fluvial, Avda. Eduardo Pondal e Avda. Anllóns.
? Mércores 22: Avda. Anllóns, Barrio Juncal, R/Teresa Mosqueira Manso, R/Eduardo Blanco Amor, Praza Campo da Feira, R/Vereda e A Trabe.
? Xoves 23: Avda. Bergantiños, Rueiro, Aldea Tella e Tella.
? Venres 24: Aldea Tella, Anllóns, A Garga e R/ Cuñarros.
? Luns 27: A Gándara, Seixos, Petón, Polígono Tella, Tallo, Vilasuso e O Rieiro.
? Martes 28: Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueiron, A Vitureira, Ardabón.
? Mércores 29: A Ponte Dona, Xornes e Pazos.
? Xoves 30: Pazos, Riotorto, Limiñoa, O Barreiros, Cores, Viladesuso, Figueiroa e A Costa.
? Venres 31: A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores e O Castro.
? Luns 3: O Rueiro, Os Anxeles, Brantuas de Arriba, Casas de Espereira e Brantuas de Abaixo.

Concello de Ponteceso