Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Biblioteca Municipal acollerá un curso de preparación de competencias clave dirixido a colectivos desfavorecidos

A Biblioteca Municipal acollerá a partir do luns 20 un curso de preparación de competencias clave organizado pola Fundación Radio ECCA Canaria coa colaboración do Concello de Ponteceso.

A nova acción formativa, enmarcada no Plan de Inclusión da Xunta de Galicia, está dirixida a persoas en risco de exclusión social e colectivos desfavorecidos. As clases, que se prolongarán ata o vindeiro 15 de maio, levaranse a cabo todos os luns, mércores e venres, de 9.45 a 13.45 horas.

Concello de Ponteceso