Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Cursos e actividades

A Xunta de Galicia convoca a Campaña de Verán 2018 para mozos e mozas menores de 18 anos

A Xunta de Galicia convoca a Campaña de Verán 2018 para mozos e mozas menores de 18 anos
Para facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o ano 2018, que se levarán a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses de xullo e agosto.

A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web http://xuventude.xunta.es/.

No documento adxunto atoparedes a convocatoria publicada no DOG, que inclúe o formulario de inscrición.

Concello de Ponteceso