ponteceso turismo

Turismo :: Parroquias

Parroquias

Mapa de Ponteceso

O Concello presenta unha forte dispersión xeográfica e unha división territorial complexa. Está dividido en catorce parroquias: A Graña, Anllóns, San Xián de Brantuas, San Martiño de Cores, San Adrián de Corme (Corme Aldea), Corme Porto, San Tirso de Cospindo, Langueirón, Nemeño, Niñóns, San Salvador de Pazos, San André de Tallo, Tella y Xornes. Ten dous núcleos urbanos: Ponteceso (capital do concello) e Corme Porto (villa mariñeira).

San Vicenzo da Graña é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Ponteceso. Ocupa 3,7km2 distribuídos en tres entidades de poboación: Carballido, Cerezo de Arriba e Lestimoño.

San Fiz de Anllóns está situada no sur do concello de Ponteceso e conta con catro núcleos de poboación: Anllóns de Arriba, Anllóns Grande, A Garga e A Saimia . A superficie de Anllóns é de 3,7km2.

San Xián de Brantuas unha parroquia que se localiza no norte do concello e ocupa unha extensión de 2,5 Km2, distribuídos en tres entidades de poboación: Os Ánxeles, Brantuas de Abaixo e Brantuas de Arriba.

San Martiño de Cores atópase tamén no norte do concello de Ponteceso e ten unha superficie de 7,5 Km2 repartidos en trece entidades de poboación: Bardaio, Os Barreiros, A Campara, O Castro, Cores, Figueiroa, A Lamela, Limiñoa, Miraflores, A Ourada, Riotorto, Santa Cruz e ViladeSuso.

Corme Aldea (San Adrián de Corme) é unha parroquia de 8,1km2 repartidos en sete entidades de poboación: Aldea, Costa, Escobia, Froxán, Gondomil, Guxín e Roncudo.

Corme Porto atópase no oeste do concello de Ponteceso y conta cunha superficie de 5,6 km2.

San Tirso de Cospindo está situada no sur do concello de Ponteceso con 13,1km2. distribuidos en sete entidades de poboación: Balarés, Briallo, A Brixería, Cerezo de Abajo, Detengo, Curras e Ponteceso.

San Xián de Langueirón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello y ten unha extensión de 5,5km2. repartidos en catro entidades de poboación: Carrasqueira, Langueirón, Os Melcos e A Vitureira.

San Tomé de Nemeño, situada no norte do concello de Ponteceso, ocupa 5km2 distribuidos en catro entidades de poboación: A Campara, Nemeño, Porto do Souto e Rueiro.

San Xoán de Niñóns está ubicada no oeste do concello de Ponteceso e conta cunha extensión de 6,2 km2 .

San Salvador de Pazos atópase no leste do concello e ten unha superficie de 5,1km2 repartidos en cinco entidades de poboación: Ameixenda, Pazos de Abaixo, Pazos de Arriba, Rebordáns e As Salgueiras.

San André de Tallo, no leste do concello de Ponteceso, conta cunha supercie de 6,8km2. repartidos en seis entidades de poboación: Bugalleira, Casas Novas, Pardiñas, O Rieiro, Tallo e VilaSuso.

San Eleuterio de Tella está situada no sur do concello de Ponteceso e conta cunha extensión de 5,6km2. repartidos en nove entidades de poboación: A Calle, Cuñarros, Fontán, Gándara, O Petón, Rueiro, Os Seixos, A Trabe e Vereda.

San Xoán de Xornes ubícase no leste do concello, cunha superficie de 9,3km2. distribuidos en seis entidades de poboación: Ardabón, Froxán, Pontedona, San Antonio, Sergude e Xornes.

© by Abertal