Pomos á súa disposición a guía turística de Ponteceso para visualizar e/ou descargar. Agardamos que lles sexa de utilidade.
Coa axuda deste documento vostede poderá achegarse ós aspectos máis salientables que caracterizan o noso Concello, desde os seus rasgos xeográficos ata toda a información textual e gráfica sobre gastronomía, festas e eventos máis relevantes, pasando polo rico patrimonio cultural, histórico e artístico que Ponteceso acolle.
A guía cumpre tamén unha función meramente práctica, xa que recolle un amplo capítulo sobre os servizos de hostalaría cos que contamos, así como cun completo directorio de teléfonos de interese.