ponteceso turismo

Turismo :: Actualidade

Programación XXX Festa do Percebe do Roncudo, en Corme

Este ano sí! Vén degustar o millor percebe do mundo na XXX Festa do Percebe do Roncudo, en Corme
O día 2 de xullo volve a festa gastronómica de interese turístico e faino cun feixe de actividades programadas:
12.00h Misa en honra aos mariñeiros e percebeiros.
12.00h-13.00h Titanic: charla sobre os sobreviventes de naufraxios da man de Jesús Ferreiro.
12.30h póñense os tickets á venta.
13.00h Pasarrúas da man da charanga DGT.
13.30h Pregón da man de Inocencio Suárez, Marcial Mouzo, Estíbaliz Veiga e o ex alcalde da vila en 1992, Ramón Saleta.
13.30h - 14.00h Comeza o reparto de percebes.
Actuarán a charanga DGT, Judith Cundíns
e os dj’s Charlie, Roy, Jossi, Arayse, Marmike, Maiki Rama, Warce, Drew Korme, Iago ademais da Disco Móvil Macro Impacto.
23.00h Fogos de artificio para a celebración dos 30 anos da Festa do Percebe do Roncudo.
Haberá aparcamento gratuíto, servizo de gardaría durante a degustación, unha carpa por se e inchables para os cativos.
Estará prohibido o botellón na zona portuaria!
Haberá servizo de microbús entre ás 13.30h e ás 19.00h.
Organiza a Asociación Promoción do Percebe do Roncudo.
Colaboran: Confradía de pescadores de Corme, Concello de Ponteceso, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Abanca e Paco Moinelo S.L.

Ligazóns recomendadas


© by Abertal