ponteceso turismo

Turismo :: Gastronomía

Gastronomía

Percebes do Roncudo

A gastronomía de Ponteceso caracterizase pola súa variedade, con pratos comúns ao resto de Galicia e outros singularmente propios do Concello. O indiscutible rei gastronómico do Concello e o percebe, que sen esaxeracións localistas poderíamos incluso considerar o rei gastronómico de Galicia. De fama rexional, nacional e internacional, o percebe de Roncudo aporta por sí mesmo unha significativa riqueza gastronómica e económica ao Concello. O visitante non pode irse do noso Concello sen probalo, e, si e posible, asistir ao famoso Festival do percebe no verán.

Seguindo con os produtos do mar, hai unha gran variedade de peixes da rica Costa da Morte: mero, rodaballo, congros, raias..., e, no referente a pesca fluvial, o salmón, angula, lamprea e troita do rico Anllóns. Non pode faltar o polbo, con festa propia no Concello. No referente ao marisco, ademais do percebe a oferta e igual de completa, encontrándose excelentes nécoras, centollas e bois de mar. Son especialmente populares os berberechos da ensenada de Insúa.

Sendo un concello con rica actividade gandeira, todos os pratos con tenreira son de excelente calidade, así como os de porco. O raxo ten sitio propio na gastronomía do Concello, con o seu festival que celebrase no verán na parroquia de Brantuas. A riqueza agrícola tamén ten o seu sitio, con produtos como o millo, a pataca e as fabas. A festa das fabas de Ponteceso, xa vai pela decimo oitava edición, testemuño da súa gran calidade.

Outros pratos típicos de Galicia, como o lacón con grelos, o cocido galego, con chourizo, patacas, grelos, e carne de vaca, as empanadas de todo tipo (bonito, bacallau, carne..) ten tamén o seu lugar, producidos nos establecementos gastronómicos do Concello.

O visitante terá tamén oportunidade de saborear a repostería e viños típicos de Galicia, dunha riqueza extraordinaria. A alta calidade e diversidade dos establecementos gastronómicos e hostaleiros do Concello, e os numerosos festivais gastronómicos que se celebran, ?obrigan? ao visitante da nosa terra a probar e gozar da riqueza gastronómica que se ofrece.

© by Abertal