ponteceso turismo

Lugares de Interese :: Dunas da Barra

Galería de fotos

Dunas da Barra


Dunas da Barra

Conxunto de dunas de casi dous kilómetros de lonxitude e catrocentos metros de anchura media; a area das dunas sube polas ladeiras do monte Branco ata o Alto das Travesas, dende onde hai unha vista panorámima exquisita de Ponteceso, Cabana e da ría de Corme e Laxe.

Entre as Dunas da Barra e á carón do Monte Branco hai un carreiro polo que transcorre unha ruta de sendeirismo desde Ponteceso ata a praia de Barra, praia de Balarés, e que remata na Pedra da Serpe en Corme.

Á esquerda das Dunas da Barra hai un espazo que se lle chama a Illa dos Cagallóns, lugar onde un número importante de aves, tanto autóctonas como viaxeiras descansan, xa que é un lugar de tránsito importante a nivel ornitolóxico.

Accesos:
Dende o esteiro do río Anllóns, en Currás, O Couto(30 minutos a pé).
Dende Ponteceso, por diante da casa natal do poeta Eduardo Pondal, ó lado da ponte sobre o río Anllóns, sale a estrada AC-424-en dirección a Corme. Ó chegar a Cospindo (1.4km), á esquerda, hai unha estrada estreita ó lado dunha parada de autobús que leva a aldea de Currás e que remata no esteiro do río Anllóns. Do esteiro a pé ata as dunas da Barra, 2km. de lonxitude, hai 10 minutos, bordeando o monte Blanco.
Dende Ponteceso, por diante da casa natal do poeta Eduardo Pondal, ó lado da ponte sobre o río Anllóns, sae a estrada AC-424 en dirección a Corme. Ó chegar ao Couto, 1.6 km, hai unha curva moi pechada á dereita e no fronte, cóllese un desvío á esquerda na indicación hacia Balarés DP-6803 ata a praia de Balarés, hai 2.5 km.
Tamén se pode acceder dende a praia de Balarés, por un sendeiro, camiño de pescadores, ó que se accede pola esquerda da praia, e que sube polo monte Blanco, bordeando o mar, camiñando 20 minutos chégase á praia e ás dunas da A Barra.


© by Abertal