ponteceso turismo

Lugares de Interese :: Langueirón

Galería de fotos

Parroquia de Langueirón


San Xián de Langueirón

San Xián de Langueirón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ponteceso e ten unha extensión de 5,5km2. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 162 habitantes distribuídos en 4 entidades de poboación: Carrasqueira (49), Langueiron (37), Os Melcos (52) e A Vitureira (24).

A Igrexa de San Xián de Langueirón está situada sobre a marxe dereita do río Anllóns. Ten ao oeste os montes Seixos de Angamie e ao norte a súa parroquia matriz.

O edificio sofreu intervencións. Á nave rectangular primitiva engadíuselle unha ábsida cuberta con bóveda de canón. Nunha segunda intervención que se realizou datada no século XVII e foi unha capela que se cubre cunha bóveda estrelada. O sistema constructivo é a base de muros de carga de cachotaría, parcialmente revocados, excepto esquiñais e recercado de ocos, que ensinan un aparello regular. A fachada principal posúe o característico sistema pentagonal que se repite na maioría das igrexas do concello. A súa cornisa pártese no centro para dar lugar a unha espadana de considerables proporcións o que acentúa a sensación de verticalidade. O seu acceso realízase dende unha escaleira interior que remata nun tramo que discorre polo penal da cuberta.


© by Abertal