ponteceso turismo

Lugares de Interese :: Enseada da Ínsua

Galería de fotos

Enseada da Ínsua


Enseada da Ínsua

Espazo natural protexido, onde as doces augas do Río Anllóns e as salgadas do océano Atlántico se mesturan, creando un medio moi produtivo e rico que cambia coa marea. Fóra do estuario, a ría de Corme e Laxe ábrese ao océano.

O Esteiro do Río Anllóns é un lugar moi produtivo con grande diversidade de vida e moito valor paisaxístico. É un dos complexos litorais máis destacadas de España, en riqueza, variedade e singularidade de especies de flora e fauna, especialmente de aves migratorias.

A barra de area e o Monte Branco caracterizan este espazo natural con 1.154 ha de extensión, protexido con dúas figuras principais:

ZEPA:(Zona de especial protección para as aves) chamado Costa da Morte Norte

LIC: (Lugar de Importancia comunitaria) Costa da Morte, da rede Natura 2000 Europea


Nos distintos ambientes que conforman este espazo (carricería, xunqueira, extensos areais intermareais, dunas e cantís) vive unha gran diversidade de especies, algunhas moi raras ou en perigo de extinción.

Ademais, aprovéitase o lugar para o marisqueo do berberecho. Antigamente pescouse angula e solla con métodos tradicionais como a estacada e a fisga.


© by Abertal