San Tomé de Nemeño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ponteceso.
Ocupa 5km2 e segundo o padrón municipal de 2009 tiña 121 habitantes distribuídos en 4 entidades de poboación:
· Campara (22),
· Nemeño (13),
· Porto do Souto (66),
· Rueiro (20).
A igrexa de Santo Tomé de Nemeño
Sitúase na aldea de Porto do Souto, á que se chega pola estrada que sae de Mezquita e pasa por Graña. Foi igrexa monacal no século XII, incorporándose máis tarde ao priorado do Sar (Santiago).
Aproximadamente foi parroquia propia e logo anexo de Cores. O mosteiro, din os documentos, está "in territorio bergantinus nalle selagie locum predictum ubi dicent nemio". O edificio presenta unha estrutura arquitectónica de planta en cruz latina, na que se inscriben unha soa nave, presbiterio e dúas pequenas capelas laterais. A sancristía sitúase tras do altar maior, e o seu acceso realízase a través de dúas portas situadas na cabeceira deste.
Exteriormente a construción destaca pola súa sinxeleza e sobriedade de volumes, poidéndose destacar o gusto pola simetría, que ven dada polo revoco e branquexado dos muros, nos que sobresaen os esquiñais e recercado de ocos.