Cine en Ponteceso
3 de xaneiroÁs 19.00h na Casa da Cultura.
Concilia no nadal
Do 1 de decembro ao 5 de xaneiroActividades de conciliación no nadal dirixidas a nenos/as de 4 a 10 anos.
Cabalgata de reis
4 e 5 de xaneiroA continuación podedes consultar o percorrido que os reis magos farán en tren polas parroquias do Concello. Lembrámosvos que o cinco de xaneiro, ás cinco da tarde, haberá unha gran festa de reis para disfrutar con inchables, xogos, chocolate e roscón. Será no pavillón municipal en Ponteceso.
Descargas asociadas
Homenaxe a Castelao e Fernández del Riego
8 de xaneiroA Biblioteca Municipal en Ponteceso acolle unha actividade coa escritora Concha Blanco. Consistirá na presentación do libro
Castelao da A a Z, no centenario do seu falecemento. Posteriormente,
alumnos do IES Ponteceso, traballarán sobre a obra, cun obradoiro, impartido pola propia escritora. Ademáis, en conmemoración co centenario do
nacemento de Fernández del Riego, os alumnos lerán textos da súa biografía. Ás 10.30h.
Charla arbitral
12 de xaneiroO sábado 12 de xaneiro ás 10:00 no Centro Cultural de Ponteceso vai haber unha charla sobre regulamento de Fútbol Sala, aclaracións, novedades, cambios? que impartirá o delegado de árbitros en Coruña Juan Antonio Castiñeiras Pose. Quen queira asistir a mesma está invitado.
Presentación en Tella de Ponte na Fala
13 de xaneiroA Asociación de Veciños de Tella dará a coñecer o proxecto municipal Ponte na Fala na parroquia. Actuarán os informantes do proxecto na parroquia Jesús Martínez, Angelito de Mato, Juan Bermúdez e Paco Luís Abella. Será no local da Asociación ás 11.30h.
Inicio da Escola Municipal da Terceira Idade
15 de xaneiroActividades para a terceira idade. Todos os martes e venres de 16.00h a 18.00h no Edifcio da ESO, terceiro andar.
Exposición Vaidemar
Do 16 de xaneiro ao 8 de febreiroNa Biblioteca Municipal en Ponteceso. O horario de apertura da mesma é de 09.00h a 13.00h e de 16.00h a 20.00h.
Descargas asociadas
Presentación do libro "La Cocina de Juan Bautista"
8 de febreiroJuan Bautista,
xerente do Restaurante A Lareira de Baio, presentará na Biblioteca Municipal en Ponteceso, o seu libro
La Cocina de Juan Bautista. Presentará o acto Mar Varela (xornalista de Radio Voz). Sortearemos un libro entre o público asistente. Será ás oito da tarde.
Desfile de disfraces
10 de febreiroDesfile de disfraces en Ponteceso ás 17.00h no pavillón municipal en Ponteceso. Unha gran festa con inchables, orellas e chocolate.