A Deputación financia plans de investimento nos concellos da Costa da Morte por importe de máis de 13,5 millóns de euros. O presidente da Deputación coñeceu os plans de Ponteceso para impulsar a actividade empresarial na localidade e anunciou un Plan de Emprego que ?multiplicará por 6?os recursos que destina a Deputación a este fin.