O Alcalde de Ponteceso visitou a renovada Escola Infantil de Ponteceso, coa súa Directora Tatiana Rodríguez Martínez. As obras, feitas grazas á Brigada de Obras (tabiques interiores) e parque infantil (Obradoiro de Emprego impartido por Íntegro) ambos subvencionados ao 100% pola Deputación Provincial, beneficiaron a catro aulas do centro educativo de Ponteceso e á cociña do centro. O concelleiro de obras, que se atopaba hoxe dirixindo as melloras nos paseos de Ponteceso previas ás festas da Barquiña, dirixiu as actuacións.
Coa retirada dos tabiques interiores as aulas e a cociña teñen máis luz e desaparecen os ángulos mortos, co que se mellora a atención educativa e se consegue unha mellor ventilación nun edificio que pola súa construcción ten amosado problemas de sobrecalentamento. A cociña, onde se prepara a comida sempre con produtos frescos.
10 prazas dispoñibles dende 0 euros.