O Concello de Ponteceso pon en marcha un servizo de transporte de usuarios á praia de Balarés
![Praia bus no Concello de Ponteceso Praia bus no Concello de Ponteceso](../upload/not/125-f-balares.jpeg)
O Concello de Ponteceso porá en marcha, nos meses de
xullo e agosto, un servizo de transporte á praia de Balarés. Terá como itinerario: Xornes (Igrexa), Pazos (Praza) Casa da Cultura en Ponteceso, Praza do Relleno, O Couto e Balarés. Realizarase un roteiro diario con
saída ás 15:30h da Casa da Cultura e
regreso as 20:00h. O servicio será
gratuíto.
Descargas asociadas