O vindeiro domingo 3 de agosto, o Concello organiza o XVI Día da Bicicleta en Ponteceso
Como todos os anos, o Concello de Ponteceso organiza o día da bicicleta en varias parroquias. O vindeiro 3 de agosto será en Ponteceso. Sairemos ás
11.00h da Praza do "Relleno" para percorrer 15 km polo itinerario que podedes consultar no enlace adxunto. O
regreso será sobre ás 13.00h ó punto de partida. Sortearemos unha bicicleta entre os participantes e haberá agasallos para todos.