O Concello continúa coa oferta turística para dar a coñecer os seus puntos máis relevantes. Se a pasada semana se celebraba en Corme, o vindeiro luns 4 de agosto organizamos unha marcha nocturna que partirá da Praza do "Relleno" en Ponteceso ás 22.00h e que durará 2 horas, aproximadamente.