Inclúe a presentación do libro A música en Corme editado polo Concello de Ponteceso
![Portada do libro Portada do libro](../upload/not/145-f-portada_web.jpg)
O vindeiro domingo
10 de agosto ás 17:30h en Corme-Aldea, o Concello de Ponteceso organiza o I Memorial ás bandas de música en Corme. Esta xornada de memoria cultural inclúe a presentación do libro
A música en Corme, escrito por Jesús Méndez Torrado, que edita o Concello. Será na casa dos veciños.
Descargas asociadas