O alcalde firmou onte un convenio coa Consellaría de Cultura para a compra de mobiliario
O Alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo, acudíu o 1 de outubro á Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia para firmar un convenio polo que esta consellaría concederá unha
axuda de 50.000 euros á Fundación "Eduardo Pondal", na parroquia de Cospindo, coa intención de dotar de
mobiliario á sede da entidade, que preside o rexedor pontecesán.