O Concello efectuou melloras por importe de 30.000 euros neste espazo socio-cultural
O Concello de Ponteceso levou a cabo melloras no seu
local social en Pazos para dotalo de nova instalación eléctrica, accesibilidade para a xente maior e discapacitados, novos aseos e mobiliario, así como dotar ó local dun escenario para a realización de actos culturais varios. Este local está sendo utilizado pola Coral San Salvador de Pazos, fanse
actividades deportivas, cursos e actividades culturais municipais. O Concello de Ponteceso destinou a esta obra
30.000 euros, integramente a cargo da entidade municipal.
Ligazóns recomendadas