O alcalde ensinoulles as distintas dependencias municipais
Alumnos de
quinto de primaria do Colexio "Eduardo Pondal de Ponteceso" visitaron as dependencias municipais e foron
recibidos polo alcalde José Luis Fondo, quen se encargou de ensinarlle as dependencias municipais. Os rapaces remataron a visita no salón de plenos, onde ocuparon os asentos dos distintos concelleiros que representan ós veciños do Concello. Finalmente pousaron co alcalde para a imaxe que visualizades.