Os/as interesados en participar na primeira ruta, que se celebrará en Cee o día 30, deberán anotarse antes das 12:00 horas do xoves 28
Xa está en marcha a sétima edición das andainas ?
Coñece a Costa da Morte? na que, un ano máis, participa a Área de Turismo do Concello de Ponteceso, que dirixe Susana Toja Blanco.
Coa chegada da primavera e o bo tempo, os afeccionados/as ao sendeirismo terán a oportunidade de volver desfrutar ao máximo da natureza e o deporte con novas rutas que percorrerán os 9 concellos organizadores desde o próximo día 30 e ata o vindeiro mes de xuño. Con esta interesante iniciativa, ademais de dar a coñecer algunhas das paraxes naturais máis atractivas da nosa contorna, preténdese promover novos hábitos de vida máis saudables.
A primeira cita do calendario terá lugar ?
Camiñando entre regatos e muíños esquecidos? polo municipio de
Cee o sábado 30. No mes de abril haberá dúas andainas: a primeira
o día 6 en Muxía con ?Un paseo pola costa? e a segunda,
o sábado 13 en Vimianzo para descubrir o ?Camiño Mariano?. Os concellos de
Dumbría, Camariñas, Corcubión e Fisterra serán os destinos das andainas que se celebren ao longo do mes de maio. Neste caso, todas as saídas realizaranse os sábados, agás a ?Ruta polo igrexario?, en Corcubión, que será o venres 17, día das Letras Galegas. A programación chegará á súa fin no mes de xuño cunha ?Subida ao Monte da Ruña, prevista para o día 1 en
Mazaricos e un percorrido ata o ?Miradoiro do monte do Faro? en
Ponteceso, o sábado 8.
InscriciónsTodas os veciños e veciñas do noso concello que estean interesados/as en participar en calquera das andainas programadas para este ano, poderán inscribirse no Concello de Ponteceso (981 714 000) ou na Oficina Municipal de Corme (981 738 428), a través do departamento de Turismo, ou enviando un mail a turismoponteceso@ponteceso.net. Os/as participantes deberán facilitar o seu nome e apelidos, así como o seu número de DNI, enderezo e data de nacemento a fin de poder tramitar o correspondente seguro para a realización da actividade. Os nenos/as con idades comprendidas entre os 7 e os 16 anos deberán ir acompañados dun adulto e dispoñer da pertinente autorización legal.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves anterior á realización de cada ruta. A saída do noso concello para os diferentes destinos será ás 08:30 horas da Praza do Recheo. Anímate e participa!