Catro mozos e mozas da escola municipal xa son cintos negros en judo
Jorge Pérez Montáns, Aurora Figueroa García, Coral Camafreita Rey e Olalla Veres de Dios son os primeir@s da escola municipal de judo de Ponteceso en acadar o cinto negro 1º dann. Conseguírono despois de varios anos de práctica e logo de superar un exame que realizaron na Coruña a finais do mes de outubro.