O alcalde e os concelleiros Maite Chouciño e Miguel Ángel González supervisaron as obras que está a acometer a empresa Barnacle Obras y Servicios S.L.
O alcalde, Lois García Carballido; o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Ángel González, e a concelleira de Pazos Maite Chouciño supervisaron as obras que está a acometer a empresa Barnacle na zona do Xardín, en Pazos de Arriba, co obxectivo de dotala das condicións idóneas para a creación dun novo barrio de vivendas unifamiliares.
O Concello de Ponteceso está a realizar un investimento de 100.000 euros para dotar dos servizos necesarios ?35 parcelas que agora son edificables e que, grazas á actuación que estamos a realizar, contan cos servizos de abastecemento de auga, recollida de pluviais e saneamento. Hai parellas novas que poden construír a súa vivenda, e, de feito, xa hai algunhas vivendas novas?, destacou Maite Chouciño.
O concelleiro de Obras e Servizos, pola súa banda, explicou que a actuación en marcha inclúe o acondicionamento da rede viaria nunha lonxitude de 517 metros co obxectivo de ampliar o ancho nun metro e mellorar a capa de rodaxe con aglomerado en quente. O pintado das marcas viarias completará o proxecto. ?Ademais imos mellorar o acceso á súa vivenda dun veciño con mobilidade reducida?, engadiu Miguel Ángel González, cubrindo ao mesmo tempo unha necesidade social.
O alcalde apuntou que Pazos, Corme, Tella, Cospindo, Tallo e A Graña son as parroquias nas que máis vivendas unifamiliares se están construíndo. ?A vivenda unifamiliar _sinalou García Carballido_ está de moda entre as parellas novas, e dende o Concello imos facer un esforzo para dotalas de servizos. A rúa O Xardín de Pazos é un exemplo. Cada solar queda coa acometida preparada de auga e saneamento ao pé da finca, listas para enganchar sen romper nada?, engadiu.
Nesa liña, o goberno municipal de Ponteceso seguirá propoñendo e acometendo novas iniciativas para seguir mellorando as zonas edificables das parroquias do noso concello, favorecendo deste xeito o desenvolvemento urbanístico e o asentamento de novas familias.