Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A fotógrafa coruñesa Ana Ruiz presenta no MACCMO a exposición ?El alma del mar?, con imaxes e textos sobre a Costa da Morte

A mostra será inaugurada o sábado 8 ás 19.00 horas

Despois de desfrutar das fermosas esculturas do artista cormelán Santi Collazo, o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO) continúa ofrecéndonos un interesantísimo percorrido por distintas manifestacións artísticas a través da obra de diferentes creadores. Este sábado ás 19.00 horas inauguraremos a exposición ?El alma del mar?, da fotógrafa coruñesa Ana Ruiz Amigo, que ademais de imaxes recollidas por toda a Costa da Morte, amósanos textos propios para acompañalas.

Esta nova exposición, froito da colaboración entre a Concellería de Cultura e o colectivo Ponteceso Cultura Permanente, encherá o museo de Corme a partir deste sábado. No acto inaugural, Ana Ruiz estará acompañada pola violonchelista Cecilia Burillo, que ofrecerá un pequeno recital.

Ana Ruiz é herdeira da tradición fotográfica familiar. Influenciada polo seu pai e o seu avó interesouse dende moi pequena pola fotografía, á que se vén dedicando de maneira autodidacta. A partir do día 8 teremos a sorte de gozar coas súas imaxes do litoral, sobre todo da Costa da Morte. ?Soy una enamorada de nuestra tierra, y con mis fotografías intento captar lo que veo con mi alma. Pongo todo el sentimiento y todos los sentidos en cada foto?, asegura.

O MACCMO amosará as imaxes de Ana Ruiz no seu horario habitual e, a maiores, os domingos 9 e 16 de febreiro e o 1 de marzo estará aberto de 17:00 a 20:00 horas.

Concello de Ponteceso