Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As patrullas de vixilancia ambiental da Policía Local de Ponteceso intensifican o control sobre os vertidos ilegais

Os axentes dispoñen dun novo vehículo adquirido a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta

A posta en marcha de patrullas de vixilancia ambiental por parte da Concellería de Seguridade está a facilitar a localización e eliminación de vertidos incontrolados en todo o territorio municipal. A Policía Local de Ponteceso dispón dun novo vehículo, adquirido a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, que facilita o traballo dos axentes.

Nestes primeiros días de funcionamento das patrullas de vixilancia ambiental téñense localizado xa numerosos puntos de vertido, na súa maioría de restos de obras, mobiliario e pneumáticos.

O concelleiro de Seguridade, Faustino Santiago Lema, lembra que o Punto Limpo de Ponteceso está aberto de luns a sábado de 10.00 a 13.00 horas e de xoves a sábado, ademais, de 15.00 a 18.00 horas, cun horario amplo para facilitar a súa utilización por parte da veciñanza. Ademais, as persoas que non poidan desprazarse ata o Punto Limpo, situado no parque empresarial de Tella, poden utilizar o servizo de recollida a domicilio, que funciona o primeiro luns de cada mes previo aviso ao teléfono 981 718 253.

Así mesmo, dende a Policía Local faise unha chamada á concienciación veciñal para evitar este tipo de vertidos e para pedir colaboración coa finalidade de identificar ás persoas infractoras.

Concello de Ponteceso