Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Biblioteca Municipal de Ponteceso reabrirá o luns cun horario reducido e con todas as medidas para evitar o contaxio por coronavirus

Imaxe de arquivo da bibliotecaO luns 11, coincidindo co inicio da Fase 1 do Plan de transición cara unha nova normalidade, a Biblioteca Municipal de Ponteceso volverá a abrir as súas portas, aínda que cun horario reducido e con todas as medidas preventivas precisas para evitar o contaxio por coronavirus.

A concelleira delegada da área de Biblioteca, Maite Chouciño, explicou que por parte do Concello de Ponteceso adoptaranse todas as precaucións necesarias, como a desinfección do edificio, a colocación de dispensadores de xel hidroalcohólico e a separación dos postos de lectura para respectar os dous metros entre un e outro. Polo que respecta ás persoas usuarias do servizo, para a súa utilización establécese a obriga de acudir con mascarilla e guantes.

A Biblioteca Municipal de Ponteceso, que funcionará polo momento en horario reducido de 09:00 a 14:00 horas, será un dos primeiros servizos que se poña en marcha no noso concello de cara a unha progresiva volta á normalidade dos diferentes servizos municipais.

Concello de Ponteceso