A partir do 15 de xuño poden presentarse as solicitudes do Ingreso Mínimo Vital na páxina web da Seguridade Social, www.seg-social.es. As peticións que se presenten antes do 15 de setembro terán efecto retroactivo dende o 1 de xuño.
As persoas interesadas deben presentar a seguinte documentación:
? DNI ou NIE
? Acreditación da residencia legal en España
? Certificado de empadroamento colectivo e histórico no que consten todas as persoas e datas de empadroamento no domicilio e data de antigüidade.
? Libro de familia que acredite a filiación das persoas que forman parte da unidade de convivencia.
? Declaración responsable de ingresos e patrimonio
? Outra documentación que poida ser necesaria en determinados casos (sentenza de garda e custodia, convenio regulador , copia da demanda de separación ou divorcio?)
Formas de presentación da solicitude:
? Solicitude telemática na sede electrónica da Seguridade Social: formulario con identificación electrónica ou formulario sen identificación electrónica
? Presencialmente, con cita previa, no Centro de Atención e Información da Seguridade Social. O teléfono da oficina de Carballo é o 981 700 158.
Información:
? Teléfono gratuíto 900 20 22 22
? Web da Seguridade Social www.seg-social.es